POLÍTICA DE PRIVACIDADE
POLÍTICA DE PRIVACIDADE
puntafucinodoporco.gal é un proxecto do Concello do Vicedo, cuxo CIF é: P2706400E.
Entre os valores cos que nos identificamos está a transparencia, por iso desexamos que coñezas desde o inicio que a privacidade dos teus datos é moi importante para nós. Nesta declaración de privacidade explícase que datos persoais recompilamos dos nosos usuarios e como os utilizamos. Convidámoste a ler detidamente estes termos antes de facilitar os teus datos persoais nesta web. Os maiores de trece anos poderán rexistrarse en puntafucinodoporco.gal como usuarios sen o previo consentimento dos seus pais ou titor/as.
No caso dos menores de trece anos, requírese o consentimento dos pais ou titor/as para o tratamento dos seus datos persoais.
En ningún caso se solicitarán do menor de idade datos relativos á situación profesional, económica ou á intimidade dos outros membros da familia sen o consentimento destes.
Se es menor de trece anos e accediches a este sitio web sen avisar aos teus pais, non debes rexistrarte como usuario.
Nesta web respéctanse e cóidanse os datos persoais dos usuarios. Como usuario, debes saber que os teus dereitos están garantidos.
Esforzámonos en crear un espazo seguro e confiable e por iso queremos compartir os nosos principios respecto á túa privacidade:
- Nunca solicitamos información persoal a menos que realmente sexa necesaria para prestarte os servizos que nos requiras.
- Nunca compartimos información persoal dos nosos usuarios con ninguén, excepto para cumprir coa lei ou no caso de que contemos coa túa autorización expresa.
- Nunca utilizaremos os teus datos persoais cunha finalidade diferente á expresada nesta política de privacidade.
Cómpre advertir que esta Política de Privacidade podería variar en función de esixencias lexislativas ou de autorregulación, polo que se aconsella aos usuarios que a visiten periodicamente. Será aplicable no caso de que os usuarios decidan cubrir calquera dos seus formularios de contacto onde se recollan datos de carácter persoal.
Punta Fuciño do Porco adecuou esta web ás esixencias da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), e ao Real Decreto 1720/2007, do 21 de decembro, coñecido como o Regulamento de desenvolvemento da LOPD. Cumpre tamén co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas (RGPD), así como coa Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSICE ou LSSI).
Responsable do tratamento dos teus datos persoais
- Identidade do Responsable: Concello do Vicedo
- Nome comercial: Punta Fuciño do Porco
- NIF/CIF: P2706400E
- Dirección: Travesía da Mariña, 57. 27860 O Vicedo (Lugo)
- Correo electrónico: concello@concellodovicedo.org
- Actividade: Administración local e organismos locais de administración
A efectos do previsto no Regulamento Xeral de Protección de Datos antes citado, os datos persoais que nos envíes a través dos formularios da web recibirán o tratamento de datos de “Usuarios da web e subscritores”.
Para o tratamento de datos dos nosos usuarios, implementamos todas as medidas técnicas e organizativas de seguridade establecidas na lexislación vixente.
Principios que aplicaremos á túa información persoal
No tratamento dos teus datos persoais, aplicaremos os seguintes principios que se axustan ás esixencias do novo regulamento europeo de protección de datos:
- Principio de licitude, lealdade e transparencia: Sempre imos requirir o teu consentimento para o tratamento dos teus datos persoais para un ou varios fins específicos dos que te informaremos previamente con absoluta transparencia.
- Principio de minimización de datos: Só imos solicitar datos estritamente necesarios en relación cos fins para os que os requirimos. Os mínimos posibles.
- Principio de limitación do prazo de conservación: Os datos serán mantidos durante non máis tempo do necesario para os fins do tratamento; en función da finalidade, informarémosche do prazo de conservación correspondente. No caso de subscricións, periodicamente revisaremos as nosas listas e eliminaremos aqueles rexistros inactivos durante un tempo considerable.
- Principio de integridade e confidencialidade: Os teus datos serán tratados de tal maneira que se garanta unha seguridade adecuada dos datos persoais e se garanta a confidencialidade. Debes saber que tomamos todas as precaucións necesarias para evitar o acceso non autorizado ou uso indebido dos datos dos nosos usuarios por parte de terceiros.
Como obtivemos os teus datos?
Os datos persoais que tratamos en Punta Fuciño do Porco proceden de:
- Formulario de contacto
- Formulario de subscripción
- Comentarios nO blog
- Formulario de solicitude de servizos
- Formulario de venda
Cales son os teus dereitos cando nos facilitas os teus datos?
Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se en Punta Fuciño do Porco estamos tratando datos persoais que me concirnen, ou non.
As persoas interesadas ten dereito a:
- Solicitar o acceso aos datos persoais relativos ao interesado.
- Solicitar a súa rectificación ou supresión.
- Solicitar a limitación do seu tratamento./li>
- Opoñerse ao tratamento.
- Solicitar a portabilidade dos datos.
Os interesados poderán acceder aos seus datos persoais, así como solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, se é o caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos. En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, caso no que unicamente os conservarei para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, os interesados poderán opoñerse ao tratamento dos seus datos. O Concello do Vicedo deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos imperiosos, ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións. Como interesado, tes dereito a recibir os datos persoais que te incumban, que nos facilitaras, nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e a transmitilos a outro responsable do tratamento cando:
- O tratamento estea baseado no consentimento.
- Os datos foran facilitados pola persoa interesada.
- O tratamento se efectúe por medios automatizados.
Ao exercer o teu dereito á portabilidade dos datos, terás dereito a que os datos persoais se transmitan directamente de responsable a responsable cando sexa tecnicamente posible.
Os interesados tamén terán dereito á tutela xudicial efectiva e a presentar unha reclamación ante a autoridade de control, neste caso, a Axencia Española de Protección de Datos, se consideran que o tratamento de datos persoais que lle concirnen infrinxe o Regulamento.
Con que finalidade tratamos os teus datos persoais?
Cando un usuario se conecta con esta web, por exemplo para comentar un post, mandar un correo ao titular, subscribirse ou realizar algunha contratación, está facilitando información de carácter persoal da que é responsable Punta Fuciño do Porco. Esa información pode incluír datos de carácter persoal como poden ser a túa dirección IP, nome, dirección física, enderezo de correo electrónico, número de teléfono e outra información. Ao facilitar esta información, o usuario dá o seu consentimento para que a súa información sexa recompilada, utilizada, xestionada e almacenada por puntafucinodoporco.gal, só como se describe no Aviso Legal e na presente Política de Privacidade.
En Punta Fuciño do Porco existen diferentes sistemas de captura de información persoal e trato a información que nos facilitan as persoas interesadas coa seguinte fin por cada sistema de captura (formularios):
- Formulario de contacto: Solicitamos os seguintes datos persoais: Nome, Email, para responder aos requirimentos dos usuarios de puntafucinodoporco.gal. Por exemplo, podemos utilizar eses datos para responder á túa solicitude e dar resposta ás dúbidas, queixas, comentarios ou inquietudes que poidas ter relativas á información incluída na web, os servizos que se prestan a través da web, o tratamento dos teus datos persoais, cuestións referentes aos textos legais incluídos na web, así como calquera outras consultas que poidas ter e que non estean suxeitas ás condicións de contratación. Infórmote de que os datos que nos facilitas estarán situados nos servidores de Interdominios dentro da UE.
- Formulario de subscrición a contidos: Neste caso, solicitamos os seguintes datos persoais: Nome, Email, para xestionar a lista de subscricións, enviar boletíns, promocións e ofertas especiais, facilitados polo usuario ao realizar a subscrición. Dentro da web existen varios formularios para activar a subscrición. Os boletíns electrónicos ou newsletter están xestionados por Mailchimp. Infórmote de que os datos que nos facilitas estarán situados nos servidores de Mailchimp fóra da UE, en EEUU. Mailchimp está acollido ao acordo EU-US Privacy Shield, cuxa información está dispoñible aqui, aprobado polo Comité Europeo de Protección de Datos.
- Formulario de alta para comentarios do blog: Para comentar as publicacións do blog puntafucinodoporco.gal requírese que o usuario se dea de alta a través deste formulario. Neste caso, solicitamos os seguintes datos persoais: Nome, Email, Sitio web. Unha vez dado de alta, o usuario poderá realizar tantos comentarios como desexe e dar resposta sobre os anteriores. Infórmote de que os datos que nos facilitas estarán situados nos servidores de Interdominios dentro da UE.
- Formulario de venda: O usuario dispón de diferentes formularios de compra suxeitos ás condicións de contratación especificadas para cada produto ou servizo onde se lle requirirán datos de contacto e de pago como: Nome, apelidos, DNI, correo electrónico, teléfono, dirección completa. Os datos de pago serán recadados e xestionados pola pasarela de pagos utilizada pola web.
Existen outras finalidades polas que tratamos os teus datos persoais:
- Para garantir o cumprimento das condicións de uso e a lei aplicable. Isto pode incluír o desenvolvemento de ferramentas e algoritmos que axudan a esta web a garantir a confidencialidade dos datos persoais que recolle.
- Para apoiar e mellorar os servizos que ofrece esta web.
- Tamén se recollen outros datos non identificativos que se obteñen mediante algunhas cookies que se descargan no ordenador do usuario cando navega nesta web que detallo na política de cookies.
- Para xestionar as redes sociais. Punta Fuciño do Porco pode ter presenza en redes sociais. O tratamento dos datos que se leve a cabo das persoas que se fagan seguidoras nas redes sociais das páxinas oficiais de puntafucinodoporco.gal rexerase por este apartado, así como por aquelas condicións de uso, políticas de privacidade e normativas de acceso que pertenzan á rede social que proceda en cada caso e aceptadas previamente polo usuario do Concello do Vicedo. Tratará os seus datos coas finalidades de administrar correctamente a súa presenza na rede social, informando de actividades, produtos ou servizos de Punta Fuciño do Porco, así como para calquera outra finalidade que as normativas das redes sociais permitan. En ningún caso utilizaremos os perfís de seguidores en redes sociais para enviar publicidade de maneira individual.
De acordo ao establecido no regulamento xeral de protección de datos europeo (RGPD) 2016/679, o Concello do Vicedo (Punta Fuciño do Porco) con domicilio en Mesón 2, 27628 Samos (Lugo) será responsable do tratamento os datos correspondentes a Usuarios da web e subscritores.
Punta Fuciño do Porco non vende, aluga nin cede datos de carácter persoal que poidan identificar ao usuario, nin o fará no futuro, a terceiros sen o consentimento previo. Porén, nalgúns casos pódense realizar colaboracións con outros profesionais; neses casos, requirirase consentimento aos usuarios informando sobre a identidade do colaborador e a finalidade da colaboración. Sempre se realizará cos máis estritos estándares de seguridade.
Remarketing
A función de remarketing permítenos chegar ás persoas que visitaran puntafucinodoporco.gal anteriormente e asociar unha audiencia determinada a unha mensaxe concreta. O remarketing é un método para conseguir que os usuarios que visitaron o noso sitio volvan facelo.
Como usuario de puntafucinodoporco.gal, infórmote de que estou a recompilar información para esta función de remarketing en puntafucinodoporco.gal.
A información que recompilamos grazas a esta función é recollida polas cookies de Facebook. Podes coñecer os datos que recompilan estas cookies nas seguintes políticas de privacidade de cada servizo.
Se non queres que a túa información sexa recompilada por estas cookies, podes inhabilitar o uso de cookies de Google a través da Configuración de anuncios de Google. Tamén podes inhabilitar o uso de cookies dun provedor terceiro a través da páxina de inhabilitación de Network Advertising Initiative.
Este tipo de servizos permite interactuar con redes sociais ou outras plataformas externas directamente desde as páxinas desta web. As interaccións e a información obtida por esta web sempre estarán sometidas á configuración de privacidade do usuario en cada rede social. No caso de que se instale un servizo que permita interactuar con redes sociais, é posible que, aínda que os usuarios non utilicen o servizo, este recolla datos de tráfico web relativos ás páxinas nas que estean instalados.
Facebook ads
En puntafucinodoporco.gal utilizamos Facebook ads, a plataforma de publicidade de Facebook, que nos permite crear campañas e anuncios. Ao xerar un anuncio, pódese segmentar o público por:
- Lugar
- Datos demográficos (idade, sexo, etc.)
- Intereses (actividades, afeccións, etc.)
- O que mercan en internet e por outras canles
- Etc.
Os datos obtidos a través de Facebook ads están suxeitos a esta política de privacidade desde o momento en que o usuario deixa os seus datos no formulario desta web para unirse ao boletín de subscricións. En ningún caso se utilizará a información procedente de Facebook cunha finalidade diferente.
Lexitimación para o tratamento dos teus datos
A base legal para o tratamento dos seus datos é: o consentimento.
Para contactar ou realizar comentarios nesta web requírese o consentimento con esta política de privacidade.
A oferta prospectiva ou comercial de produtos e servizos está baseada no consentimento que se lle solicita, sen que en ningún caso a retirada deste consentimento condicione a execución do contrato de subscrición.
Tamén a contratación de produtos e servizos segundo os termos e condicións correspondentes.
Categoría de datos
As categorías de datos que se tratan son datos identificativos.
Non se tratan categorías de datos especialmente protexidos.
Por canto tempo conservaremos os teus datos?
Os datos persoais proporcionados conservaranse:
- Mentres se manteña a relación mercantil.
- Ata que non se solicite a súa supresión polo interesado.
- Período a partir da última confirmación de interese: 1 ano.
A que destinatarios se comunicarán os teus datos?
Moitas ferramentas que utilizamos para xestionar os teus datos son contratadas a terceiros.
Para prestar servizos estritamente necesarios para o desenvolvemento da actividade, puntafucinodoporco.gal comparte datos cos seguintes prestadores baixo as súas correspondentes condicións de privacidade:
Google Analytics: un servizo analítico de web prestado por Google, Inc., unha compañía de Delaware cuxa oficina principal está en 1600 Amphitheatre Parkway, Mountain View (California), CA 94043, Estados Unidos (“Google”). Google Analytics utiliza “cookies”, que son arquivos de texto situados no teu ordenador, para axudar a puntafucinodoporco.gal a analizar o uso que fan os usuarios do sitio web. A información que xera a cookie acerca do seu uso de puntafucinodoporco.gal (incluíndo a túa dirección IP) será directamente transmitida e arquivada por Google nos servidores de Estados Unidos.
Hosting: Interdominios, con domicilio en España. Máis información en: https://interdominios.com (Cloud Builders S.A.). Interdominios trata os datos coa finalidade de realizar os seus servizos de hosting ao Concello do Vicedo.
Plataforma web: Automattic Inc., con domicilio en EEUU. Máis información en: https://es.wordpress.com/ (Automattic Inc.). Automattic Inc. trata os datos coa finalidade de realizar os seus servizos de plataforma web ao Concello do Vicedo.
Email marketing: The Rocket Science Group LLC d/b/a, con domicilio en EEUU. Máis información en: https://mailchimp.com/ (The Rocket Science Group LLC d/b/a). The Rocket Science Group LLC d/b/a trata os datos coa finalidade de realizar os seus servizos de email marketing ao Concello do Vicedo.
Navegación
Ao navegar por puntafucinodoporco.gal pódense recoller datos non identificables, que poden incluír enderezos IP, localización xeográfica (aproximadamente), un rexistro de como se utilizan os servizos e sitios, e outros datos que non poden ser utilizados para identificar ao usuario. Entre os datos non identificativos están tamén os relacionados cos teus hábitos de navegación a través de servizos de terceiros. Esta web utiliza os seguintes servizos de análise de terceiros:
- Google analytics
- Facebook inside
Utilizamos esta información para analizar tendencias, administrar o sitio, rastrexar os movementos dos usuarios arredor do sitio e para recompilar información demográfica sobre a nosa base de usuarios no seu conxunto.
Segredo e seguridade dos datos
puntafucinodoporco.gal comprométese no uso e tratamento dos datos incluídos persoais dos usuarios, respectando a súa confidencialidade e a utilizalos de acordo coa finalidade do mesmo, así como a dar cumprimento á súa obriga de gardalos e adaptar todas as medidas para evitar a alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, de conformidade co establecido na normativa vixente de protección de datos.
Esta web inclúe un certificado SSL. Trátase dun protocolo de seguridade que fai que os teus datos viaxen de maneira íntegra e segura, é dicir, a transmisión dos datos entre un servidor e usuario web, e en retroalimentación, é totalmente cifrada ou encriptada.
puntafucinodoporco.gal non pode garantir a absoluta inexpugnabilidade da rede Internet e, por tanto, a violación dos datos mediante accesos fraudulentos a eles por parte de terceiros.
Con respecto á confidencialidade do procesamento, o Concello do Vicedo asegurarase de que calquera persoa que estea autorizada por Punta Fuciño do Porco para procesar os datos do cliente (incluído o seu persoal, colaboradores e prestadores), estará baixo a obriga apropiada de confidencialidade (xa sexa un deber contractual ou legal).
Cando se presente algún incidente de seguridade, ao decatarse Punta Fuciño do Porco, deberá notificar ao Cliente sen demoras indebidas e deberá proporcionar información oportuna relacionada co Incidente de Seguridade tal como se coñeza ou cando o Cliente o solicite razoablemente.
Exactitude e veracidade dos datos
Como usuario, es o único responsable da veracidade e corrección dos datos que envíes a puntafucinodoporco.gal, exonerando ao Concello do Vicedo (Punta Fuciño do Porco) de calquera responsabilidade ao respecto.
Os usuarios garanten e responden, en calquera caso, da exactitude, vixencia e autenticidade dos datos persoais facilitados, e comprométense a mantelos debidamente actualizados. O usuario acepta proporcionar información completa e correcta no formulario de contacto ou subscrición.
Aceptación e consentimento
O usuario declara ter sido informado das condicións sobre protección de datos de carácter persoal, aceptando e consentindo o tratamento dos mesmos por parte do Concello do Vicedo (Punta Fuciño do Porco) na forma e para as finalidades indicadas nesta política de privacidade.
Revogabilidade
O consentimento prestado, tanto para o tratamento como para a cesión de datos dos interesados, é revogable en calquera momento comunicándollo ao Concello do Vicedo (Punta Fuciño do Porco) nos termos establecidos nesta Política para o exercicio dos dereitos ARCO. Esta revogación en ningún caso terá carácter retroactivo.
Cambios na política de privacidade
O Concello do Vicedo resérvase o dereito a modificar a presente política para adaptala a novidades lexislativas ou xurisprudenciais, así como a prácticas da industria. En ditos supostos, o Concello do Vicedo anunciará nesta páxina os cambios introducidos con razoable antelación á súa posta en práctica.
Correos comerciais
De acordo coa LSSICE, puntafucinodoporco.gal non realiza prácticas de SPAM, polo que non envía correos comerciais por vía electrónica que non fosen previamente solicitados ou autorizados polo usuario. En consecuencia, en cada un dos formularios habidos na web, o usuario ten a posibilidade de dar o seu consentimento expreso para recibir o boletín, con independencia da información comercial puntualmente solicitada.
Conforme ao disposto na Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e de comercio electrónico, puntafucinodoporco.gal comprométese a non enviar comunicacións de carácter comercial sen identificalas debidamente.