CONSELLOS

CONSELLO AO CHEGAR

Para visitala recomendamos utilizar o parking público situado no acceso ao Fuciño do Porco (as caravanas e autobuses teñen prohibido o estacionamento alí e deberán aparcar na estrada provincial ou na praia de Abrela). Unha vez aparcados deben seguir sempre o  camiño máis ancho con grava branca ata que chegar á zona do mar.

Unha vez que cheguen ás pasarelas, pasalas sen présa, goza do fantástico entorno ata chegar á baliza marítima que supón o final da ruta. Aínda que é unha ruta con escaleiras e algún que outro sobe e baixa, é unha ruta moi recomendable para facer cos nenos xa que lles encantará.

CONSELLOS DE SEGURIDADE

Lembramos algúns consellos para que poida gozar da súa visita con total seguridade e a experiencia sexa satisfactoria:

 

  • Non esqueza que visita unha zona de cantís, fermosa pero arriscada.
  • Non abandone en ningún caso o camiño delimitado para a visita.
  • Non se achegue en ningún caso aos cantís.
  • Non tire pedras, paus, etc  ao mar ou espazos baleiros.
  • Se vai acompañado de menores de idade, léveos da man ou ao seu lado en todo momento.
  • Se fai fotografías, vídeos ou calquera outro audiovisual, fágaas sempre dende o camiño delimitado e nunca fóra del.
  • Amose sempre un comportamento educado e cívico coas persoas e co medio natural.
Ir o contido